Arquivos mensuais: Xuño 2018

Por unha marea na Vila lamenta a inacción do goberno municipal perante o enésimo episodio de contaminación na praia da Compostela

Vilagarcía de Arousa a 29 de xuño de 2018. Dende por unha marea na vila non saímos do noso asombro ante a falla de reacción do goberno local diante da contaminación por ecoli rexistrada na praia da Compostela, as declaracións do edil responsable durante o pleno de onte, ademais de indignantes demostran a falla de compromiso e vontade por solventar o problema, non é de recibo que o responsable municipal recoñeza non so que descoñece a orixe do vertido, se non que desprece a gravidade da situación e non anuncie medidas para resolvela . Seguir lendo Por unha marea na Vila lamenta a inacción do goberno municipal perante o enésimo episodio de contaminación na praia da Compostela