Arquivos mensuais: Novembro 2018

Marea da Vila saúda e respalda a decisión do comercio polo miudo do Salnes de non participar no Black Friday

Dende Marea da Vila defendemos e apostamos polo comercio local, pola súa dignificación e pola mellora das súas condicións, o Black Friday o novo invento consumista importado do EE.UU supón un enorme prexuízo para o pequeno comercio local e supón unha aposta pola espiral consumista que asolaga a sociedade.

Dende Marea da Vila facemos un chamamento a consumir no comercio local de proximidade e fuxir das “tranposas” ofertas que con motivo do black Friday invaden a oferta comercial durante estes días. Esta xornada distorsiona o modelo normativo de rebaixas introducindo unha nova semana de competencia desleal das grandes marcas e superficies co comercio local.

Continuamos apostando polo comercio local, como modelo para xerar cidade, para humanizar a nosa vila, e garantir a súa viabilidade futura, unha cidade sen comercio local é unha cidade morta e sen futuro..

Animamos a cidadanía a non consumir nomeadamente de grandes empresas como Amazon que durante estes días teñen convocadas xornadas de folga para mellorar as condicións laborais das traballadoras.

Debaixo das grandes ofertas das multinacionais están os recortes salariais e de condicións de vida das traballadoras, polo que non podemos contribuír a incrementar e fomentar este modelo inhumano e inxusto de comercio.