Marea da Vila solicita que se eliminen os pivotes da rúa Valle Inclán posto que supoñen un perigo para a seguridade dos ciclistas que circulan por este tramo.
Vilagarcía de Arousa, a 27 de febreiro de 2019. Con motivo das obras para probar a posible construción dun carril-bici na rúa Valle Inclán, que conecta Vilaxoán con Vilagarcía pola costa, instaláronse uns pivotes no centro da calzada, separando os dous carrís. Estes pivotes tiñan como obxectivo reservar un dos carrís para ser empregado como carril-bici, namentres que o outro era empregado para o tráfico rodado, alternando o uso nos dous sentidos mediante dun semáforo.
Pasados uns días e comprobada a inviabilidade da idea, procedeuse a desmantelar a instalación. Valoramos positivamente o feito de que se probase a instalación de maneira provisional antes de realizar unha modificación permanente, pero lamentamos que os pivotes separadores dos dous carrís non foran retirados, e agora supoñan un perigo para a circulación de bicicletas. Seguir lendo Eliminación dos pivotes da rúa Valle Inclán por perigosidade para os ciclistas