Arquivos mensuais: Marzo 2019

Marea da Vila considera o traslado de distintas pezas do Museo Ferroviario de Padrón fora de Galicia como un agravio comparativo tras a negativa ao traslado da Sarita a Vilagarcía

Hai uns meses os medios de comunicación anunciaron o traslado da locomotora Sestao, ata agora no Museo Ferroviario da Fundación Camilo José Cela, para incorporarse ao Museo do Ferrocarril de Ponferrada. A semana pasada coñecemos que un vagón de mercancías, tamén cedido a dita fundación, foi trasladado dende a mesma a La Fregeneda, en Salamanca.

Dende Marea da Vila manifestamos a nosa sorpresa polo traslado fora de Galicia destas dúas pezas pertencentes á Fundación de Ferrocarrís, cando o ano pasado dende esta mesma entidade reiteraban a negativa da Xunta respecto da cesión a Vilagarcía da locomotora Sarita «Lo cierto es que nunca se ha dado el caso de que se le retire un bien a la entidad a la que se le haya cedido» foron as palabras de Miguel Jiménez, xerente do departamento de Patrimonio Histórico e Turismo Ferroviario. Pois ben, isto último, á vista de acontecementos recentes, parece non ser exactamente así. Seguir lendo Marea da Vila considera o traslado de distintas pezas do Museo Ferroviario de Padrón fora de Galicia como un agravio comparativo tras a negativa ao traslado da Sarita a Vilagarcía

Marea da Vila pregunta no Parlamento Galego sobre o compromiso de investimento para o saneamento e a EDAR de Vilagarcía

O deputado Marcos Cal trasladará ao Parlamento Galego, a petición de Marea da Vila, unha serie de preguntas encamiñadas a coñecer os plans da Xunta respecto aos compromisos adquiridos no 2016 para corrixir os problemas da rede de saneamento e da EDAR (estación depuradora de augas residuais).

No 2016, segundo a publicación no Diario Oficial de Galicia respecto ao Plan Hidrolóxico de Galicia, a Xunta tiña prevista unha inversión na redes de saneamento e depuración do Concello de Vilagarcía de 9.066.966 euros para o período comprendido entre 2016-2021, estimando á baixa o compromiso de 11 millóns de euros adquirido en 2013 polo conselleiro de política territorial Agustín Hernández co anterior alcalde Tomás Fole, compromiso que nunca chegou a levarse a cabo. Seguir lendo Marea da Vila pregunta no Parlamento Galego sobre o compromiso de investimento para o saneamento e a EDAR de Vilagarcía

Marea da Vila propón iniciar un proceso de transición enerxética para aforrar mediante enerxías renovables

Marea da Vila propón afrontar unha transición enerxética na vila. Todos coñecemos os efectos do consumo de combustibles fósiles para o medio ambiente. Tamén coñecemos as nefastas consecuencias económicas e, sobre todo, para a nosa saúde.

Unha das ideas erróneas máis difundidas sobre as enerxías renovables é que son máis caras que as convencionais e que precisan de subvencións para que sexan viables. Hai anos que as instalacións renovables son moi rendibles, permitindo un aforro importante dende o primeiro día na maioría dos casos.

Seguir lendo Marea da Vila propón iniciar un proceso de transición enerxética para aforrar mediante enerxías renovables

Apoiamos a reclamación dos pais usuarios de UDIAF na súa demanda de instalacións axeitadas

Marea da Vila solicita a asignación de instalacións axeitadas e estables para o servizo de Asociación Gallega de Atención Temprana, a través de UDIAF.

Vilagarcía de Arousa, a 22 de Marzo de 2019.

Pais de crianzas usuarios do servizo UDIAF-Salnés, que se presta no edificio do centro social comunitario da avenida Rosalía de Castro, nos fixeron saber que non consta dunhas instalacións axeitadas, polo que veñen de presentar unha solicitude no contello.

UDIAF (Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar) da asistencia integral a nenos entre 0 e 6 anos con problemas ou situación de risco para o seu desenvolvemento. É un servizo prestado pola Asociación Gallega de Atención Temprana e xestionado pola Xunta de Galicia en locais cedidos polo concello de Vilagarcía no devandito Centro Sociocomunitario. Se da atención a crianzas con problemas sensoriais, da fala, cognitivos, motrices e outros; e con síndromes coma Rett, Down, Fetofetal, Alcohólico fetal, Autismo, Proder Willi, entre outros moitos. Seguir lendo Apoiamos a reclamación dos pais usuarios de UDIAF na súa demanda de instalacións axeitadas

Reunión co Arousa moza e usuarios do SkatePark

Marea da Vila reúnese cos usuarios do skatepark e coa asociación xuvenil Arousa moza para recoller as súas demandas

Vilagarcía, a 22 de marzo de 2019. As zonas de skatepark de Vilagarcía atópanse abandonadas polo concello. Os usuarios quéixanse pola falta de limpeza da zona do Centenario así como polas pésimas condicións das instalacións, algo que xa provocou accidentes entre os usuarios. Entre as demandas que nos achegan está a da optimización do espazo, a necesidade de ampliar o concepto e buscar tamén unha zona para os que fan parkour. “A día de hoxe non teñen instalacións adaptadas. Pódelos ver no skatepark un día, na Praza de Galicia outras veces… hai que responder ás súas necesidades pero xa por unha cuestión de seguridade” di María de la O, candidata á alcaldía por Marea da Vila. “Reunímonos cos usuarios e faláronnos da atención que os de maior idade lle prestan aos máis pequenos, aos que normalmente axudan a evitar as zonas perigosas. Pero, como nos dixeron, cando non están os maiores, é un perigo.” di María de la O, candidata de Marea da Vila. Seguir lendo Reunión co Arousa moza e usuarios do SkatePark

Marea da Vila aposta pola inclusión da perspectiva de xénero en tódalas áreas

Marea da Vila aposta pola inclusión da perspectiva de xénero en tódalas áreas de goberno e insta ao concello a levar a cabo a moción aprobada para unha Vila segura.

Vilagarcía de Arousa, a 14 de marzo de 2019. Dende Marea da Vila recordámoslle ao Goberno Local que debe cumprir coa moción aprobada de Marea da Vila pola que se comprometía a comezar coa corrección do alumeado de moitas das zonas de Vilagarcía, tanto do centro como dos barrios e as parroquias, que polas súas características presentan eivas de seguridade, facendo que ao camiñar por elas non nos sintamos seguras.

Seguir lendo Marea da Vila aposta pola inclusión da perspectiva de xénero en tódalas áreas

Marea da Vila considera que as verteduras do Porto son a consecuencia da falta de compromiso da Autoridade Portuaria con Vilagarcía

Marea da Vila considera que as verteduras do Porto que están de novo de actualidade estes días son a consecuencia da falta de compromiso da Autoridade Portuaria con Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, a 13 de marzo de 2019. Estes días vimos de coñecer a ratificación da sanción de 20.000€ á Autoridade Portuaria por unha infracción grave debido a que en 2014 realizou un recheo con materiais contaminantes. O feito, a todas luces inadmisible nunha institución como a Autoridade Portuaria, supón un síntoma da súa actitude coa contorna e tráenos á cabeza a frase de fai case un ano de José Llorca, Presidente de Portos do Estado, “los puertos no tenemos ninguna vocación de hacer ciudad, lo que queremos es generar los recursos que correspondan para poder pagar las deudas que tenemos”. Dende Marea da Vila consideramos que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía é un claro exemplo disto. Seguir lendo Marea da Vila considera que as verteduras do Porto son a consecuencia da falta de compromiso da Autoridade Portuaria con Vilagarcía

Marea da Vila denuncia que, próximas ás vacacións de Semana Santa, a páxina de Turismo do Concello de Vilagarcía continúa sen funcionar

Marea da Vila pregunta ao Concello de Vilagarcía, cal é a data estimada para a reapertura do portal web de Turismo, e se estará habilitado para as próximas vacacións de Semana Santa.

Dende Marea da Vila levamos feito un seguimento á páxina web de turismo do Concello de Vilagarcía, que permanece en proceso de renovación dende que, aproximadamente fai un ano, se detectaran distintos erros de contido. Non entendemos que a renovación do portal requira de tanto tempo, e este atraso só se explica polo desleixo por parte do goberno e reflicte a falta de compromiso e a carencia dun modelo turístico para a nosa Vila. Seguir lendo Marea da Vila denuncia que, próximas ás vacacións de Semana Santa, a páxina de Turismo do Concello de Vilagarcía continúa sen funcionar