Alegacións presentadas ó plan de transporte do Salnés

Marea da Vila presenta as seguintes alegacions ao proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada de clave XG-627 Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira

Vilagarcía, a 25 de Febreiro de 2019

O pasado 31 de xaneiro de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu unha resolucións pola que se somete a información pública ao abeiro do apartado 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Ordenación. Mediante o presente escrito expóñense alegacións ás correspondentes á clave XG-627 Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira.

Consideracións xerais.

Compre sinalar as seguintes consideracións xerais con respecto á globalidade do:

  1. Establécese unha división no plan de usos que fragmenta a comarca e deixa fóra concellos, que non pertencendo á mesma, si o fan a súa zona de influencia. Esta separación non se adecúa aos usos das persoas, deixando poboacións illadas dificultando deste xeito a mobilidade en transporte público.

  2. O presente plan de usos non ten en conta nin os tráficos nin un usos doutro tipo de transportes (ferroviario, marítimo-metropolitano, por carreteira), o que dificulta a intermodalidade xa que non se sincronizan nin horarios, nin as rutas doutras alternativas.

  3. Outro feito que redunda nesta falta de perspectiva global e de fomento da intermobilidade é que tendo en conta a situación das estacións de autobuses e tren en Vilagarcía (escasos metros as separan) non exista unha conexión entre ambas e non se propoñan medidas que axuden aos usos compartidos de ambos transportes.

  4. No referente ao coidado do medio, o plan non contempla a necesidade de renovación do parque de vehículos confundindo a viabilidade medioambiental coa eliminar autobuses. Se ben é certo que é importante dar o servizo cos menos autobuses e menor percorrido posible, o deseño das liñas non amosa eses criterios. Pero o máis importante é que deixan de lado factores moito máis importantes como a renovación do parque móbil substituíndo os existentes con sistemas de propulsión pouco contaminantes, como GNC, GLP ou eléctricos.

  5. As análises realizadas para definir as necesidades de transporte son realizadas sobre premisas que non son certas ou polo menos moi cuestionables. A recollida de datos é moi restrinxida e a falta de información relevante é tal que non se pode considerar un estudo rigoroso. Todas as proposta do referido plan de usos están realizadas en base a estas premisas.

Alegacións:

PRIMEIRA.- No apartado 1.2.1: 1.2.1 DESCRIPCIÓN DEL ÁMBITO TERRITORIAL DEL SERVICIO

Na seguinte táboa:

Centros de atracción y generación de viajes que se sitúan en el ámbito territorial del Proyecto de Explotación”

Nesta relación de centros de atracción e xeración de viaxes só se atopan centros de ensino, centros de saúde e un centro comercial. Bótanse de menos centros de atracción de persoas tan evidentes como polígonos industriais, centros de deportes (pavillón de Fontecarmoa en Vilagarcía), as praias, e outros centros de confluencia masiva de persoas, ben sexan estes estacionais ou permanentes.

SEGUNDA.- No apartado EVALUACIÓN DE LA DEMANDA. Subapartado 1.5.1 DEMANDA ACTUAL DE MOVILIDAD

De acuerdo con los datos de explotación disponibles de los servicios actualmente vigentes,”

Segundo este texto, o método para coñecer a demanda consiste en contar as viaxes realizados nas rutas existentes. Este método, impide coñecer:

  • A demanda de rutas novas, porque ao non existiren non se poden contar as viaxes realizados nelas.

  • As razóns do e nivel de uso das rutas existentes, xa que non se analizan, por exemplo se os horarios actuais son os máis axeitados para as persoas usuarias.

TERCERIA.- Previsión da evolución da demanda

EVOLUCIÓN PREVISTA DE LA DEMANDA, 1.5.2.1 DE USO GENERAL

Para efectuar la prognosticos a futuro de la demanda a servir por los servicios definidos, se ha utilizado la información de las tendencias poblacionales en los concellos que constituyen en ámbito, contrastadas con las proyecciones oficiales del Instituto Galego de Estatística generadas a nivel comarcal (Proxeccións de poboación a curto prazo 2018-2033), así como los datos de tendencias generales del sector de transporte de viajeros por carretera.”

O único factor que se ten en conta para prever a evolución da demanda é o demográfico. Deixando á marxe cuestións tan relevantes como os condicionantes socioeconómicos ou a situación de centros de atracción de poboación existentes ou novos. Non se teñen en conta, por exemplo:

Creación/peche de polígonos industriais e grandes empresas.

Evolución no volume e tipo de turismo ou da poboación estacional.

Apertura/peche de liñas nos diferentes estudios dos centros educativos, así como a evolución na matrícula.

CUARTA.- Horarios de rutas.

Na ruta XG62711 (Carril – O Rial), establece unha duración de 10 minutos para un percorrido urbano con 16 paradas. Isto é materialmente imposible.

Coma esta existen rutas que ven reducido o número de vehículos e persoal dispoñibles para as mesmas con percorridos que son de todo inviables para a frecuencia prevista.

QUINTA.- Accesibilidade.

A pesar de que no Documento do Plan de Transporte Público de Galicia de Novembro de 2018 se fai referencia á accesibilidade persoal (6.10.1.1 ACCESIBILIDADE PERSOAL), esta é tratada de xeito moi xenérico, sen medidas nin esixencias concretas.

No documento que se pretende alegar – XG-627 Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira- non se establece ningunha medida de accesibilidade concreta. Non se teñen en conta persoas con mobilidade reducida ou outros tipos de diversidade funcional ou sensorial, esta falta de sensibilidade dificulta tamén o uso a persoas que empreguen carriños para crianzas.

SEXTA.- Prezos.

Estamos diante a unha suba que, nalgúns casos se achega ao 70%. A suba de prezos non está xustificada posto que non se establece nin melloras nas rutas (frecuencias ou percorridos) e tampouco se consideran ou esixen renovacións de flotas de vehículos, por exemplo.

É preciso ofertar tarifas de prezos bonificadas como por exemplo: estudantado, persoas en riso de exclusión, xubiladas, familias numerosas ou monoparentais…

Billete único ou billete transbordo

É preciso implantar un sistema de billete único para poder realizar transbordos nos desprazamentos ao longo de toda comarca, deste xeito fomentarase o uso combinado das diferentes liñas.

SÉTIMA.- Ampliación de rutas.

É preciso incrementar as seguintes rutas en horario nocturnos as fins de semana (venres, sábado e domingo) e os meses de xullo e agosto coa mesma frecuencia ata as 3:00.

  • XG6271102 — Carril-A Rosa – Vilaxoan.Freixo

OITAVA.- Modificación de rutas.

É preciso establecer a estación de autobuses como km o da mobilidade en autobús en Vilagarcía xa que deste xeito axudarase a desconxestionar o tráfico na zona da Marina ao tempo que se fomenta a intermodalidade aproveitando a proximidade existente entre esta estación e a de ferrocarril. Nomeadamente as rutas propostas para o cambio son as seguintes:

  • XG6271301 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Andras – Vilagarcía-Avda. La Marina.

  • XG6271302 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Andras.

  • XG6271303 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Renzá

  • XG6271401 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Guillan Plaza

  • XG6271501 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Cornazo

  • XG6271601 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Trabanca- Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6271602 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Trabanca

  • XG6271701 — Galáns – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6271801 — Renzá – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6271901 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Trabanca-Sardiñeira

  • XG6272001 — Vilagarcía-Avda. La Marina – Fontecarmoa – Renzá

  • XG6272101 — Pontecesures-Rest.Olivo/Pont. San Lois – Campanario – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272201 — Pontecesures – Nogueirido – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272202 — Catoira-Area Estacionamiento – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272203 — Pedroso – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272302 — Coaxe – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272303 — Dimo-Iglesia – Vilagarcía-Avda. La Marina

  • XG6272401 — Busto – Nogueirido – Vilagarcia-Avda. La Marina

  • XG6272501 — Busto – Campanario – Vilagarcia-Avda. La Marina

  • XG6272601 — Pontecesures – Mirador – Vilagarcia-Avda. La Marina

  • XG6272701 — Dimo-Iglesia – Nogueirido – Vilagarcia-Avda. La Marina

  • XG6272801 — Dimo-Iglesia – Campanario – Vilagarcia-Avda. La Marina

NOVENA.- Introdución de novas rutas.

Como xa sinalamos é preciso a creación de novas rutas que recollan as necesidades de transporte da cidadanía. É preciso establecer rutas que favorezan a mobilidade entre:

  • Polígonos industriais de Vilagarcía e o centro urbano así como os principais núcleos de poboación.

  • Praias, nos meses de verán a poboación flotante na comarca vese incrementada e as necesidades da mesma tamén difiren dos usos que se dan ao longo do ano. As praias son unha delas e por iso débense crear rutas, no período que vai de 15 de xuño a 15 de setembro, que conecten os grandes núcleos de poboación cos principais areais.

DÉCIMA.- Sistemas tecnolóxicos.

Non existe, no plan de usos, ningún requirimento para a implemantación ou mellora de sistemas tecnolóxicos que modernicen o servizo e axuden a dotar dun mellor servizo. Deberían ser esixibles sistemas que hoxe están dispoñibles comercialmente e que, por conseguinte, non requiren grandes inversións mellorarían moito o servizo. Algúns exemplos son:

Control de flotas (seguimentos, controis de tempos…)

Compra de billetes online

Consulta de horarios online

Solicitude dos servizos baixo demanda empregando a WEB e aplicación de teléfono móbil.

Por todo o expresado solicítase se teñan en conta as presentes alegacións que pretenden mellorar e modernizar o servizo, reducir o impacto ambiental e mellorar a intermodalidade na comarca.

Deixa unha resposta