Arquivo da categoría: Actividades

Actividades realizadas por Marea da Vila

Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade

Este venres 22 de febreiro tivo lugar o acto “Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade”. No mesmo interviron a deputada no Parlamento Galego Ángela Rodríguez, a Concelleira da cidade da Coruña María García, a número 2 de Marea da Vila Andrea Obenza, e a candidata á alcaldía por Marea da Vila, María de la O Fernández González. Seguir lendo Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade

Visita do deputado no Parlamento Galego Marcos Cal e da candidata á alcaldía María de la O Fernández González ás instalacións do E.D.A.R.

Vilagarcía de Arousa, a 20 de febreiro de 2019. O deputado no Parlamento Galego, Marcos Cal, e a candidata á alcaldía, María de la O Fernández González, estiveron visitando as instalacións da E.D.A.R , xunto á número dous, Andrea Obenza, e ao número tres, Lucas Medas, e outros membros de Marea da Vila.

Segundo palabras de María de la O “cabe recordar que a depuradora foi construída nos anos 80 e pensada para unha poboación de 30.000 habitantes, cifra que Vilagarcía superou hai xa tempo. Urxe unha ampliación para evitar as frecuentes verteduras que prexudican a calidade de vida da veciñanza de Vilaxoán, para elo necesitamos un concello que traballe para que a Consellería cumpra cos compromisos anunciados no 2013. “ Seguir lendo Visita do deputado no Parlamento Galego Marcos Cal e da candidata á alcaldía María de la O Fernández González ás instalacións do E.D.A.R.