Álvaro Penas Cascón

Biografía

Son Álvaro Penas Cascón. Levo vivindo en Vilagarcía de Arousa dende que nacín, no inverno de 1990. Actualmente traballo no sector do turismo, logo de ter rematado os meus estudos en Comercio Internacional.

Motivación

O motivo principal polo cal decidín inscribirme no partido en as listas municipais é traballar para acadar que Vilagarcía de Arousa sexa un lugar mellor. Non quero ver como o capitalismo extremo devora todo ó seu paso, sendo Vilagarcía, o fogar onde me criei, outra das súas vítimas. Estamos a tempo de o impedir e creo que con ganas, traballo e esforzo conseguiremos acadalo.