Andrea Obenza Pérez

Biografía

Primaveira do 1996.

Pianista e chelista.

Empoderándome, deconstruíndome e tomando conciencia dende que comecei os meus estudos en Ciencias Políticas e da Administración e en Socioloxía.

O 15M levoume ao Círculo de Podemos de Vilagarcía e agora ao ilusionante proxecto de facer Marea da Vila.

Nun esforzo de reanimación do asociacionismo xuvenil en Vilagarcía, cofundei da man de marabillosas compañeiras a asociación Xuventude Activa en Sinerxia.

Motivación

Desde a proximidade, respondendo aos intereses e necesidades da Vila, por un proxecto a largo prazo que busca deixar pouso, un proxecto diverso, feminista e coral, un proxecto de unidade e de forza, impulsado pola ilusión para o crecemento lexítimo despois de tanto esforzo conxunto. Coa motivación de crear unha Marea da Vila no que a xuventude se sinta parte, unha Marea da Vila no que as mulleres se vexan lideresas e a xente sinta que si, que se pode: en presente, en futuro e sen esquecer, sempre.