Candela Vidal Blanco

Vivín ata os 18 anos na miña vila natal, Vilagarcía. A esa idade xa me interesara, xunto cos meus amigos, por participar da vida cultural e política da vila. Os dous anos seguintes estiven fóra de Galicia, incluíndo un periodo en Inglaterra, ata que decidín voltar para comezar a estudar en Santiago de Compostela. Dende entón, se ben vivo nesta cidade, estou todo o preto que podo, tanto física como políticamente, de Vilagarcía.