Lucas Medas Herbojo

Biografía

Bandinense. Criado nunha aldea de Padrón, Bandín. Vivín a infancia na miña cidade actual, Vilagarcía de Arousa. Son Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Grado profesional de música polo conservatorio de Vilagarcía de Arousa. Actualmente xestor de administración, docente e músico.

Motivación

Creo enerxicamente nun mundo máis xusto. Está nas nosas mans poder mudar as cousas. Está nas nosas mans procurar por un municipalismo no que triunfe o talento e o bo facer. Un mundo no que o centro sexan as persoas.