Pedro Falcón Latorre

Nacido en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 13 de febreiro de 1992.

Estudo e adícome á música, dou clase de instrumento e harmonía. Son guitarrista.Levo involucrado nos movementos sociais e culturais, en Vilagarcía, desde hai 10 anos. Participo no círculo de Podemos Vilagarcía dende o 2014, fun membro do Consello Cidadán Municipal.

Creo firmemente nun modelo de unidade popular no que as distintas culturas políticas teñan un punto de encontro, no que as voces dos movementos sociais, do tecido asociativo, das parroquias, dos nosos barrios, da Vila, en definitiva, determinen a orientación do cambio que queremos para Vilagarcía.

Foi no 2013 cando gran parte das asociacións e colectivos culturais de Vilagarcía decidimos organizarnos e participar na elaboración de todo un documento de cultura para a vila. Meses de traballo constante e eficaz. Facendo fronte ao Partido Popular.

Tamén no 2013 organizamos un evento benéfico e unha campaña que tivo repercusión nacional. O Abofést, na que demostramos de novo que a xente organizada pode mudalo todo se quere.

Logo chegou o asociacionismo xuvenil, varias compañeiras revolucionamos o pobo, con moi bos resultados, coa asociación XAS (Xuventude Activa en Sinerxia). Un ano de eventos culturais e xuvenís de todo tipo. Campañas feministas ou LGTBI.

Apostando sempre polo traballo conxunto, o tecido asociativo e a intelixencia colectiva.

Temos moito que aprender da nosa xente. As asociacións, os colectivos, a xuventude e os nosos maiores que tanto levan feito durante estes anos na vila. Tratemos de construir unha ferramenta municipal que nos permita levar todo iso ás institucións.

Porque si se pode, por unha Marea da Vila!