Sabela Mosteiro Otero

Filla de nai mariscadora e pai cociñeiro. Nacida e criada en Carril, lugar polo que sinto un amor incondicional; por elo colaboro como podo na asociación AmarCarril, fundada pola miña nai e outras compañeiras mariscadoras, que axuda á difusión e ensino do marisqueo nesta terra e o coidado da mesma. Este eido é unha das miñas maiores preocupacións: o coidado do mar e a contaminación medioambiental. Por elo teño organizado xornadas de limpeza das praias e promovido o coidado das mesmas. Por falla de oportunidades laborais tiven que emigrar a Inglaterra, a miña actual residencia, onde vivín de xeito intermitente durante ano e medio. O meu desexo é volver á miña terra e colaborar par afacer dela un lugar mellor onde vivir.