Verónica Hermida Longa

Nacín en Carril, en 1976. Poeta e feminista. Traballo nunha empresa do sector da automoción.Penso que construír unha alternativa para o noso Concello, feminista, que poña as persoas no centro, só se pode conseguir a través dun consenso amplo que inclúa ao tecido social e a veciñanza. Creo que o municipalismo é unha política de proximidade que realmente pode transformar as nosas vidas. Vexo como o están facendo aquelas forzas do cambio que acadaron gobernos de 2015. Penso que en Vilagarcía é posible, existe unha mocidade empoderada, que estes últimos anos levou a iniciativa cultural, se organizou e ilusionou. Coido que esta candidatura representa ese pulo, conxugando esa enerxía coa de persoas con máis experiencia, e ademais supón o primeiro paso dun proxecto que debe ser ambiciosos e non pensarse a 4 anos vista, senón de longo percorrido. Como di unha compañeira, facer política que deixe pouso…