Marea da Vila sinala a falta de espazos e iniciativas para a mocidade, e pide que se destine o Hórreo da Xunqueira para este fin .

Vilagarcía de Arousa, a 30 de setembro de 2019 . Durante diversas xuntanzas coa mocidade, unha das demandas recorrentes tiña que ver coa falta de espazos e iniciativas destinadas á xuventude, polo que dende Marea da Vila pedimos políticas que teñan en conta á mocidade e a implicación do Concello de maneira proactiva e responsable, conscientes de que as alternativas e a diversidade da oferta funcionan como barreira contra hábitos menos axeitados.

Unha vez superado o período de gracia dos 100 días de goberno, dende Marea da Vila vemos necesario comezar a sinalar aqueles elementos que teñen marxe de mellora en canto ás políticas que actualmente se desenvolven dende o Concello e que supoñen eixos fundamentais na nosa proposta programática. Tras unhas semanas nas que a mocidade da Vila nos amosou a súa capacidade de mobiliz

acións e implicación nunha cuestión tan relevante como é a emerxencia climática, faise máis evidente a necesidade de que o Concello asuma o seu papel facilitador. Como indica a voceira de Marea da Vila, María de la O Fernández González “contamos cunha mocidade que s

e organiza e realiza actividades a través da autoconvocatoria. Asociacións como Arousa Moza ou XAS levan tempo dinamizando o ambiente xuvenil da Vila, e agora hai que su

marlle aquelas que aparecen arredor do coidado do medio ambiente. O xermolo está aí, pero as asociacións cunha vida máis longa coinciden en sinalar a falta de espazos e apoio ás súas actividades dende o Concello e reclaman verdadeiras políticas para a mocidade, máis alá da coñecida busca da foto e titulares por parte do Goberno Local”.

“Cando nos reunimos cos colectivos de Cultura Urbana-continúa María de la O- denunciaron a falta de coidado e o estado de deterioro dos espazos ao aire libre, como é o caso do Skatepark do Parque do Cavadelo-que precisa un cambio estrutural pensado cos propios usuarios- pero tampouco contan con espazos cubertos onde encontrarse, establecer lazos de fraternidade ou compartir propostas de ocio e culturais. Quizais a falta de políticas pensadas na mocidade ten algo que ver co feito de que

algúns deles nin sequera están en idade de votar”. O máis preocupante é coñecer de primeira man como esa falta de espazos os leva a encerrarse noutros lugares de fácil aceso pero moi perniciosos para o seu desenrolo vital. Como sinala María de la O, “alármanos que a propia mocidade nos comente como moitos mozos e mozas acaban pasando as súas tardes libres nas casas de apostas que afloran en todas as cidades, cousa da que Vilaga

rcía non é unha excepción”. Dende Marea da Vila consideramos que unha oferta de actividades fundamentada na participación da mocidade, a dotación de espazos e ferramentas formativas e culturais, e unha liña política deseñada e que aposte pola mocidade, supón a barreira máis eficaz contra espazos e propostas que están asociadas á adición.

Dende Marea da Vila pensamos que o proxecto de rehabilitación do Hórreo da

Xunqueira podería supoñer unha oportunidade de virar

nese senso. “Parece ser que o Goberno Local, en espera do proxecto para determinar o uso,  está pensando en destinar o Hórreo da Xunqueira a actividades lúdicas e culturais-tal e como informou en varias ocasións a prensa-, pero nada indica que teñan un plan concreto sobre i

sto. Pedímoslle que considere que, pola localización e características deste espazo, o seu destino idóneo pode ser precisamente o de plataforma de encontro e creación de sinerxías entre unha mocidade que leva anos demostrando o seu compromiso e inquedanzas ademais dun inmenso potencial creativo”-remata a concelleira de Marea da Vila.

Por elo, Marea da Vila presentaralle ao Goberno Local unha proposta que recolla as conclusións e reivindicacións que nos foron trasladadas pola mocidade e que son, ademais, froito de experiencias de actividades compartidas co tecido asociativo mozo da Vila. O fin é deseñar un plan para estes próximos anos e que Vilagarcía se converta nunha “vila amiga da mocidade”, o que é sinónimo dunha vila con futuro.

Deixa unha resposta