Participa

Se queres participar na plataforma cidadá Marea da Vila, tes varios xeitos de facelo. En función dos teus intereses e a túa dispoñibilidade tes diferentes xeitos de contribuír co proxecto..

Ven ás nosas asembleas

Convocamos regularmente asembleas nas que nos xuntamos todas as persoas que queremos impulsar este proxecto. A función destas asembleas é:

  • Informar dos avances dos diferentes grupos de traballo e presentación de propostas dos mesmos.
  • Presentar propostas a título persoal.
  • Debater estas propostas e decidir de xeito conxunto.

En resumo, é o órgano final na toma de decisións e o espazo aberto de debate da plataforma.

Se queres asistir, publicamos a data, hora e lugar da mesma, xunto coa orde do día, no calendario nesta WEB e na páxina de Facebook de Marea da Vila.

Participa nos grupos de traballo

Neste momento estamos organizados en tres grupos de traballo, que se reúnen de maneira autónoma para avanzar nos seus eidos:

  • Organización e participación. Encárgase da parte orgánica: para estruturarnos, organizar os procesos, para atraer xente ao proxecto, etc.
  • Comunicación.  Encárgase da comunicación en redes sociais e coa prensa.
  • Programa e política municipal. Encárgase de facer un seguimento da política municipal así como a elaboración do programa electoral da Marea da Vila.

Realiza propostas

Se nos queres facer chegar algunha proposta, se nos queres dar a coñecer algún problema na nosa vila, se queres contactar connosco para o que precises:

Emprega o apartado de Contacto da nosa WEB.