Por unha marea na Vila lamenta a inacción do goberno municipal perante o enésimo episodio de contaminación na praia da Compostela

Vilagarcía de Arousa a 29 de xuño de 2018. Dende por unha marea na vila non saímos do noso asombro ante a falla de reacción do goberno local diante da contaminación por ecoli rexistrada na praia da Compostela, as declaracións do edil responsable durante o pleno de onte, ademais de indignantes demostran a falla de compromiso e vontade por solventar o problema, non é de recibo que o responsable municipal recoñeza non so que descoñece a orixe do vertido, se non que desprece a gravidade da situación e non anuncie medidas para resolvela .

En primeiro lugar, demandamos unha correcta información a veciñanza e usuarios da praia que no día de onte non tiñan iformaciíon suficiente no propio areal, chegando incluso a non facer ondear a bandeira bermella no areal ante este situación. Moitos usuarios bañaronse no día de onte no areal ante a imposibilidade de coñecer a situación de contaminación da praia que apenas se informaba en algúns puntos concretos moi illados dos accesos marioritarios da xente.

Entendemos inapropiado que non se estean a buscar as causas da contaminación para evitalas no futuro, ou incluso que teña rexeitado a posibilidade de que o concello realice as súas propias contra análises.

Esiximos explicacións ante a falla de información suficiente e coñecer quen tomou a decisión de que non ondease a bandeira bermella, actuación que consideramos imprescindible ante a realidade de que na maioría dos accesos a praia non eran visibles os , ridículos por tamaño, carteis que anunciaban a situación.

Esperamos que o goberno municipal pase de lóxica preocupación amosada a obrigación de eliminar os verquidos e a problemática na praia. Lamentamos asistir a ineficacia dun novo goberno perante a grave situación medioambiental que sofren as praias do casco urbán municipal

Deixa unha resposta