Resultados das primarias de Marea da Vila

Marea da Vila comunica os resultados das primarias nas que María de la O Fernández González é elixida candidata á alcaldía por unanimidade

Vilagarcía de Arousa, a 18 de febreiro de 2019. O comité electoral de Marea da Vila ven de anunciar os resultados das primarias celebradas durante a fin de semana, nas que María de la O Fernández González foi elixida candidata á alcaldía co respaldo unánime das persoas que participaron nas mesmas.

Nas primarias participou o 96,87% do censo de persoas inscritas en Marea da Vila. Do total de votos emitidos, resultaron o 96% votos válidos e un 4% votos nulos. Xunto ao respaldo obtido por María de la O, as persoas que participaron nas primarias tamén deixaron claro o seu apoio á candidatura, ratificando a orde establecida á hora de conformar a lista.

O comité electoral de Marea da Vila amosa a súa satisfacción por que o proceso transcorrera con normalidade e sen incidencias. Asemade, unha vez máis se demostra que a radicalidade democrática que supoñen as primarias son o xeito máis transparente, horizontal e áxil para elaborar unha candidatura, posto que a partir de hoxe Marea da Vila xa ten designadas ás 15 primeiras persoas que participarán nas municipais de maio de 2019, adiantándose así ao resto de formacións políticas de Vilagarcía.

Ademais, queremos agradecer a participación das persoas inscritas en Marea da Vila neste proceso de primarias, o feito de que case un 97% das persoas inscritas participaran, é un indicativo do músculo e a implicación das persoas censadas nunha formación recentemente constituída, pero con dous anos de traballo detrás

Unha vez feitos os deberes para a conformación dunha candidatura á que se irá incorporando máis xente durante as próximas semanas, podemos centrarnos no importante, o contacto permanente coa veciñanza e colectivos co fin de recoller as súas demandas e así elaborar un programa participativo, ao que a cidadanía poderá realizar achegas.

Podes ver aquí ós nosos 15 primeiros candidatos.

Lista electoral de Marea da Vila