Que facemos?

Na Marea da Vila estamos a traballar dende comezos do ano 2017 para a creación dunha plataforma cidadá que leve ao Concello os intereses e inquedanzas de toda a veciñanza da nosa vila.

Durante este tempo, fixemos chegar varias propostas en forma de mocións ao Concello, grazas á colaboración dos concelleiros de EU e de Somos Maioría, e fixemos un seguimento da política municipal mediante a asistencia a plenos, reunións con asociacións veciñais e coa publicación de notas de prensa.