Regulamento do censo

Regulamento de inscrición en Marea da Vila

Para ser membros de pleno dereito da plataforma cidadá “Marea da Vila” será preciso inscribirse como tal.

Se empregará o partido instrumental “Marea da Vila” como marco legal para a nosa plataforma municipal, con independencia da fórmula que se empregue máis adiante para nos presentarmos ás eleccións municipais.

Proceso e requisitos

Para se inscribir, haberá que cumprir cos seguintes requisitos

  • Ler e apoiar o manifesto de Marea da Vila
  • Ler e aceptar o código ético de Marea da Vila
  • Ler e aceptar a información sobre o regulamento xeral de protección de datos.
  • Encher e asinar un formulario cos datos persoais precisos (nome, apelidos, DNI e contacto – email e ou teléfono). Neste formulario se aceptarán explicitamente o código ético, o documento do RXPD, e se indicará que tipo de comunicacións se desexa recibir por parte de Marea da Vila
  • Ser residente en Vilagarcía de Arousa. Para elo se poderá requirir
    • DNI
    • Certificado de empadroamento.
  • Se proporá unha cota de inscrición voluntaria de 15€ para sufraga-los gastos operativos da organización.

No caso de que algunha persoa non estivese empadroada na Vila pero está vencellada a este concello, poderá xustificalo e os membros da Coordinadora poderán aceptar a súa inscrición.

Dereitos dos membros de Marea da Vila

  • Votar as resolucións da asemblea. As asembleas son abertas e todo o mundo ten dereito a asistir e a manifestar as súas opinións. Para poder participar nas tomas de decisión será necesario estar inscrito. Antes de comezar as votacións, se as houber, se dará a oportunidade ós novos asistentes a se inscribiren se así o desexan.
  • Formar parte dos grupos de traballo.
  • Formar parte dos grupos de difusión de información.
  • Votar nas primarias para elixir o cabeza de lista e o resto da lista que se presentará as eleccións municipais de Vilagarcía de Arousa.
  • Ostentar cargos orgánicos e políticos, a saber:
    • Dinamizador dun grupo de traballo.
    • Membro da coordinadora.
    • Candidato ás eleccións municipais.
    • Portavocía de MAREA DA VILA ou calquera outro cargo orgánico.

Custodia do Censo

Tal e como obriga a lei, haberá que nomear a unha persoa como responsable co censo, que o custodiará e porá a disposición do Comité Electoral para poder realizar as primerias.

A información será utilizada pola organización para realizar a súa actividade e nos termos explicados e aceptados polos inscritos.