Marea da Vila propón iniciar un proceso de transición enerxética para aforrar mediante enerxías renovables

Marea da Vila propón afrontar unha transición enerxética na vila. Todos coñecemos os efectos do consumo de combustibles fósiles para o medio ambiente. Tamén coñecemos as nefastas consecuencias económicas e, sobre todo, para a nosa saúde.

Unha das ideas erróneas máis difundidas sobre as enerxías renovables é que son máis caras que as convencionais e que precisan de subvencións para que sexan viables. Hai anos que as instalacións renovables son moi rendibles, permitindo un aforro importante dende o primeiro día na maioría dos casos.

Entre as razóns para tentar desbotar o modelo enerxético baseado en combustibles fósiles se atopan os seguintes:

  • Gases de efecto invernadoiro e cambio climático.
  • Gases contaminantes con efectos negativos para o medio ambiente e a nosa saúde. Segundo un informe de 2017 da Agencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), 31.000 persoas morren cada ano en España debido a contaminación, sobre todo en grandes cidades.
  • Dependencia do petróleo da economía, que supón un elevado gasto en importacións.
  • Alto gasto por parte de particulares, empresas e administración. O concello de Vilagarcía gasta máis de 1 millón de euros ó ano en enerxía.

Cun novo modelo enerxético, acadaríamos:

  • Unha redución significativa do gasto en enerxía por parte do concello.
  • Un aforro en gasto en enerxía por parte de particulares e empresas.
  • Reducir a contaminación, e así mellorar a nosa saúde e a nosa contorna.
  • Reducir a nosa contribución ó quentamento global.
  • Crear emprego local. Os hidrocarburos que queimamos se producen no estranxeiro, pero as instalacións renovables han de ser instaladas e mantidas por man de obra local.
  • Loitar contra a pobreza enerxética na vila. Gracias á capacidade de xeración de enerxía, xunto coa marxe creada polo aforro na factura eléctrica.

As actuacións se deberán levar a cabo en varios eixos:

Enerxías renovables

  • Cubertas dos edificios públicos con solar fotovoltaica e termosolar.
  • Instalar pequenos aeroxeradores nas farolas.

  • Hidrorrotor tipo tornillo de Arquímedes para xerar enerxía ó verter a auga das depuradoras.
  • Compostaxe e planta de metano.

Eficiencia enerxética

Estudo de eficiencia enerxética nos edificios e servizos municipais para para buscar unha óptima eficiencia enerxética intervindo, cando sexa viable, en:

  • Renovación de estruturas
  • Sistemas de calefacción eficientes
  • Vehículos eléctricos

Outras medidas

Ter en conta nos concursos públicos criterios ecolóxicos nas adxudicacións.

Promover o uso de enerxías renovables por parte de particulares e empresas mediante a creación dunha oficina de información e apoio.

Deixa unha resposta