Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade

Este venres 22 de febreiro tivo lugar o acto “Vilas para vivilas: construír comunidade, recuperar a identidade”. No mesmo interviron a deputada no Parlamento Galego Ángela Rodríguez, a Concelleira da cidade da Coruña María García, a número 2 de Marea da Vila Andrea Obenza, e a candidata á alcaldía por Marea da Vila, María de la O Fernández González.

O acto transcorreu como unha conversa na que cada unha delas expuxo a súa relación coa súa vila, e como a identidade das vilas se compón dende diversos eixos, o da comunidade e o do patrimonio natural e cultural e o desenvolvemento do mesmo ao longo dos anos. Falouse da necesidade de coidar as vilas, de fomentar o arraigamento e facelas vilas vivibles, creando oportunidades que convertan as nosas vilas en lugares para quedarse. Ademais fíxose fincapé no papel que teñen que xogar as institucións ao respecto.

En palabras de María de la O, “as institucións teñen que ser facilitadoras nas súas actuacións, é o seu papel dar ferramentas e espazos, porque a identidade non se constrúe dende as institucións. A identidade a constrúen as persoas”. Neste sentido, engade Andrea Obenza, “é fundamental que todas participemos na construción desa identidade común, que haxa escoita e espazos interxeracionais nos que poder crear o relato que queremos, o relato que marcará o futuro e as liñas das nosas políticas”.

Deixa unha resposta