Visita do deputado no Parlamento Galego Marcos Cal e da candidata á alcaldía María de la O Fernández González ás instalacións do E.D.A.R.

Vilagarcía de Arousa, a 20 de febreiro de 2019. O deputado no Parlamento Galego, Marcos Cal, e a candidata á alcaldía, María de la O Fernández González, estiveron visitando as instalacións da E.D.A.R , xunto á número dous, Andrea Obenza, e ao número tres, Lucas Medas, e outros membros de Marea da Vila.

Segundo palabras de María de la O “cabe recordar que a depuradora foi construída nos anos 80 e pensada para unha poboación de 30.000 habitantes, cifra que Vilagarcía superou hai xa tempo. Urxe unha ampliación para evitar as frecuentes verteduras que prexudican a calidade de vida da veciñanza de Vilaxoán, para elo necesitamos un concello que traballe para que a Consellería cumpra cos compromisos anunciados no 2013. “

O deputado Marcos Cal que presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia a petición de Marea da Vila resaltou que “o problema da depuradora e das frecuentes verteduras supón unha agresión ao medio ambiente a á saúde pública que afectan ademais un recurso fundamental para o modelo produtivo galego como é a Ría de Arousa. Non se pode permitir esta falta de sensibilidade por parte da administración e temos que buscar solucións para que as augas residuais se xestionen correctamente”.

Deixa unha resposta